Saturday 18 de May de 2024

Ábrese o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música para o curso 2018-19


Irá do 3 ao 17 de setembro e haberá dúas modalidades, a sinxela e a completa segundo se cursen unha ou máis asignaturas

O Concello de Ordes comunica o prazo de matriculación para o próximo curso da Escola Municipal de Música. Este irá dende o 3 ao 17 de setembro e para poder matricularse serán requisitos indispensables ter como mínimo tres anos de idade (non hai idade máxima) e estar escolarizado. As dilixencias pertinentes levaranse a cabo no Departamento de Educación, situado no primeiro andar do Concello.

Haberá dous tipos de matrícula: a sinxela (unha soa asignatura) e a completa (máis dunha asignatura). O importe desta será de 67 € por unidade familiar, puidendo beneficiarse as familias numerosas dun desconto do 50%. As mensualidades serán de 20 € para a sinxela e 40 € para a completa.

O plan académico deste ano estrutúrase en catro cursos de formación para, unha vez concluídos, acceder ao nivel de perfeccionamento. Tamén terase a posibilidade de preparación do acceso ao grao profesional do conservatorio. As opcións serán: música e movemento, linguaxe musical, coro, combo rock, banda de inicio, banda xuvenil de ventos e percusión e big band. Como especialidades manteranse as clases de guitarra, piano, trompeta, trombón, tuba, trompa, bombardino, clarinete, saxofón e frauta.